Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden medidas contra o feísmo na contorna da muralla de Lugo

Piden medidas contra o feísmo na contorna da muralla de Lugo

O Día Mundial dos Monumentos quere concienciarnos sobre a importancia de preservar o patrimonio

A muralla e a catedral de Lugo, dous monumentos declarados Patrimonio da Humanidade
G24.gal 18/04/2022 19:51

Algo tan típico como pasear pola muralla de Lugo é posible grazas aos esforzos para a súa conservación. O Día Mundial dos Monumentos procura precisamente darlle protagonismo ao noso patrimonio e concienciar da importancia de preservalo.

Entre a cidadanía valoran o esforzo por mantelo en bo estado, malia que algúns pensan que non é suficiente e outros mesmo cren que non é algo prioritario. Tamén hai quen bota en falta algo máis que investimentos. Por exemplo, medidas contra o feísmo na contorna da muralla.

Cren imprescindible a implicación das administracións pero tamén dos particulares, porque a conservación do patrimonio, din, é traballo de todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade