Diagnosticar e controlar a diabetes evita consecuencias graves
Diagnosticar e controlar a diabetes evita consecuencias graves
Esta doenza afecta preto do 14 % da poboación española e a metade non o sabe
Acaba de celebrarse o Día da Diabetes e os médicos insisten na importancia de diagnosticar e controlar esta doenza, que afecta preto do 14 por cento da poboación española e a metade non o sabe.
En mesas informativas en hospitais e centros de saúde, reiteran a necesidade de acudir ao médico en caso de ter algún dos síntomas, como visión borrosa, moita fame e sede, moitas ganas de ouriñar ou úlceras.
Tras os atrancos ocasionados pola pandemia, os médicos queren recuperar a normalidade no control e tratamento das persoas con diabetes para evitar que padezan as graves consecuencias que pode ocasionar.
"É a primeira causa de cegueira na idade laboral, de terapia de substición renal ou diálise e un importante factor de risco cardiovascular. Polo tanto, é moi importante o seu tratamento e, por suposto, tamén a súa prevención", di Rocío Villar, endocrina do Compolexo Hospitalario de Santiago.