Diego Martínez: "É unha oportunidade moi bonita, un momento moi especial para os galegos"
Diego Martínez: "É unha oportunidade moi bonita, un momento moi especial para os galegos"
A Irmandiña regresa oito anos despois para xogar ante Panamá
Diego Martínez foi o elixido pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para dirixir a selección galega absoluta no partido amigable que disputará o 31 de maio contra Panamá.
Martínez é o substituto de Michel Salgado e Fran González á fronte da Irmandiña -como é coñecido o combinado autonómico galego-, que oito anos despois volverá disputar un partido internacional contra o combinado dirixido polo exfutbolista do F. C. Barcelona Thomas Christiansen. Diego Martínez está moi ilusionado co proxecto.
"É unha oportunidade moi bonita, un momento moi especial para os galegos. Síntome moi honrado".
"Sentimos a ilusión na rúa, cos meus amigos, cos familiares. Que sexa unha festa".
O rival desta ocasión será Panamá, que se atopa preparando a segunda fase das eliminatorias de Cocancaf, en que buscará un billete para o Mundial 2026, que se celebrará conxuntamente en EEUU, México e O Canadá.