Dispáranse as vendas de flores nas vésperas de Defuntos
Dispáranse as vendas de flores nas vésperas de Defuntos
Os prezos oscilan en función do tipo de flor, pero a media roza os 40 euros
Desde 10 ou 15 euros ata o que se queira pagar. Hai ramos e centros para todos os gustos e presupostos.
"Sobre 40 euros un centro de tipo medio. Despois depende do tipo de flor que se lle queira poñer: caravel, rosa...", sinala Ángel, de Viveiros Alecrín.
A campaña, din os vendedores, está resultando regular, por mor da chuvia, que xa os frustrara a do ano pasado. Aínda así, é unha data con tanta implantación en Galicia que sempre hai quen compre.
"Eu vou poñer unha xardineira bonita. Levo 8 flores grandes e paniculata. Algo especial. É unha vez ao ano e para os pais, que merecen todo", di unha clienta.
Os prezos deste ano veñen lastrados pola suba dos custos de produción, que xa se notaran tamén na pasada campaña.
"Subiu un pouco porque tamén subiu a vida, coma en todos os sectores", di un vendedor.