Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispáranse os pagamentos con tarxeta que levan aparellados comisións para os comercios

Dispáranse os pagamentos con tarxeta que levan aparellados comisións para os comercios

En España a media das comisións roza o 0,3%

Os usuarios din que os pagamentos con tarxeta son máis cómodos

G24.gal 09/07/2024 14:54

 Pagar con tarxeta é un xesto cada vez máis común. Os pagos con tarxeta disparáronse en todos os sectores.

"Nos salóns de peiteado, nos comercios, en todas partes. O caso é asegurar as vendas e non hai problema en ningún sitio para pagar con tarxeta".

Mesmo nas cafeterías o solto para o café perde terreo.

"Cada vez págase máis con tarxeta e calquera cantidade", conta a empregada dunha cafetería.

Pero detrás deste xesto hai un custo para os comercios. En España a media das comisións roza o 0,3 % e ás veces non compensa.

"Si, pagamos comisións e, de feito, en pagamentos pequenos ás veces non compensa, pero hai que facelo. Téñennos pagado botellas de auga de 39 céntimos con tarxeta", sinala a dona dun supermercado.

Segun datos do Banco de España, en 2023 as entidades obtiveron ingresos de 880 millóns con estas comisións. 

"Varían dependendo do sector e das negociacións que fagan os comerciantes co seu banco. Non é unha desvantaxe, pero non cabe dúbida de que é un gasto", explica José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio.

O Banco Central Europeo quere impulsar os pagos dixitais para non depender de provedores externos e nos comercios xa van xurdindo alternativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade