Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen cobertura móbil e Internet no mercado de abastos de Santiago

Sen cobertura móbil e Internet no mercado de abastos de Santiago

Os comerciantes non poden realizar pedidos por teléfono nin recibir encargas

Levan dous meses con problemas nas liñas

G24.gal 28/08/2024 13:44

Dous meses sen cobertura móbil e sen Internet no mercado de abastos de Santiago. Unha situación da que se queixan os comerciantes, xa que non poden realizar pedidos por teléfono nin tampouco recibir encargas.

"Non temos teléfono! Todo o mundo ten que ter o seu aparello (router) para poder ter algo de liña de teléfono" explica unha praceira. "Non podemos facer chamadas, non as recibimos, e mensaxes, tampouco".

Sen cobertura móbil e sen Internet, que non solucionan instalando un router en cada posto. Uns problemas que lles ocasionan perdas importantes.

 "Non podemos facer chamadas, non as recibimos e mensaxes tampouco. Perdemos pedidos" confirma unha comerciante da praza. "Aféctanos moitísimo porque nos chaman para facer as encargas e non hai maneira. Non temos cobertura ningunha pero desde hai meses!", reclama outra. "Se non tes efectivo e non te coñecen, non mercas", engaden.

Non poden contactar cos seus provedores ou atender pedidos dos seus clientes, pero tamén teñen dificultades á hora de realizar as vendas na mesma praza. Hai días en que non poden cobrar co TPV causando molestias aos clientes.

"Tes que agardar e moitas veces teñen que saír fóra co TPV para buscar", indica unha usuaria da praza de abastos de Santiago, e engade "que se non tes efectivo e non te coñecen, non mercas".

Noutras ocasións, pídenlle o TPV a compañeiros da praza para cobrar aos clientes.

Polo de agora solución non se lles presenta ningunha, aínda que levan desde xullo reclamando e abrindo incidencias que se pechan sen satisfacer ás súas demandas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade