Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispárase a ciberdelincuencia ao aumentar o consumo de tecnoloxías dixitais

Dispárase a ciberdelincuencia ao aumentar o consumo de tecnoloxías dixitais

Créanse en Galicia novas unidades para perseguir os delitos telemáticos

Ata un 125 por cento medraron as denuncias por estafas e fraudes na Rede

G24.gal 22/03/2022 16:14

Cada vez facemos máis vida a través de Internet, sobre todo compras en liña. A pandemia incrementou o consumo de produtos na Rede e, xa que logo, non estraña que tamén aumentaran de xeito considerable os delitos de estafa e fraude.

Para dar cobertura ao incremento notable das denuncias, así como reforzar a persecución dos ciberdelincuentes, tanto a Garda Civil como a Policía Nacional crearon nas catro provincias unidades específicas de delitos telemáticos.

No caso de Pontevedra, por exemplo, o número de denuncias subiu un 300 por cento. Unha tendencia semellante se rexistrou nas outras tres provincias, sobre todo despois do confinamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade