Publicador de contidos
Publicador de contidos

Do lixo a pezas únicas: o proxecto Ardexarxe impulsa a calidade da la de ovella autóctona

Do lixo a pezas únicas: o proxecto Ardexarxe impulsa a calidade da la de ovella autóctona

Visitamos a Granxa A Ciruxana de Viana do Bolo o día da rapa das 500 ovellas

Co proxecto aproveitan a la que ata o ano pasado se desbotaba

Ovellas de raza autóctona galega, de produción de carne, máis pequenas ca as de leite
G24.gal 19/04/2023 20:10 Última actualización 19/04/2023 20:38
Día de rapa das ovellas da granxa A Ciruxana de Viana do Bolo, 500 cabezas de raza autóctona galega, en perigo de extinción. No pasado, habíaa por toda Galicia para a produción de carne. Toda esta la acababa como refugallo. O proxecto Ardexarxe, da artista Teté Mareque, empezou o ano pasado a aproveitala con artesáns de toda Galicia, Bulgaria e Polonia.
 

"Este ano estase facendo historia no tema da la en Galicia, sobre todo na ovella galega, porque imos conseguir valorizala, que é unha cousa que xa hai dous, tres anos non o esparabamos. Vemos que se dan pasos no bo camiño para dignificar o tema da la e darlle o valor que nunca debeu perder", comenta entusiasmado Xoán González Alonso, técnico en explotacións agropecuarias e pastor na granxa A Ciruxana.

Man a man, gandeiro e artista escollen  as ovellas por cores para despois levar ao lavadoiro a la que rapan os tosquiadores da montaña de León. A ferrolá Teté Mareque, a artesá de la de ovella galega autóctona que impulsou Ardexarxe coméntanos as saídas da la este ano, o segundo en que se leva a cabo o proxecto.
 

"Temos proxectos aí co IES A Pinguela de Monforte, un instituto onde fan calzado. Temos algún deseñador que tamén contactou con nós e tamén vai para Bulgaría ... e os artesáns de Ardexarxe tamén a queren traballar. Imos mesturar con coiro para facer bolsos con Ana con Ecoencaixes".

A arela de Xoán González é que todo siga para diante, cada vez máis, e que todos os gandeiros da raza poidan valorizar a súa la.
 
Moitos proxectos revalorizan a la autóctona transformándoa en obras de arte como xeito de revalorizar á vez e dinamizar o rural galego e os usos, costumes e oficios de antano.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade