Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un documental recolle a historia de Exeria, a primeira peregrina

Un documental recolle a historia de Exeria, a primeira peregrina

Produción galega internacional rodada en seis países

O guión segue a crónica de viaxes recollida nun manuscrito en latín no século IV

G24.gal 07/02/2022 21:20

A crónica viaxeira da que Exeria deixou testemuño nos seus manuscritos conforma o guión dun documental que xira arredor dunha muller precursora, culta e de estirpe nobre que en pleno século IV e co salvoconduto do imperio romano percorreu os máis de 6.000 quilómetros que separaban Gallaecia da Terra Santa.

"Foi a primeira peregrina, unha muller galega que ademais foi a primeira escritora da que conservamos un texto escrito en latín, a única lingua que había entón", relata Eduardo López Pereira, catedrático e especialista en Exeria.

O fío condutor versa sobre unha muller nova e cosmopolita, estudante de Historia, que aposta por facer unha viaxe seguindo as pegadas de Exeria. A historia de hoxe e de onte mestúrase nunha produción audiovisual que se rodou en seis países poñendo o foco en lugares emblemáticos.

"Fixemos o percorrido cunha moza galega de hoxe. Foron seis países e visitamos puntos como Belén, Xerusalén ou o monte Nebo. O documental ten bastante complexidade técnica e hai saltos constantes entre o onte e o hoxe", explica Luís Menéndez, director do documental.

Un documental baseado nunha historia real e cheo de reconstrucións que lle permitirán ao espectador achegarse de cheo á primeira peregrinación da historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar