Cargando resultados...
Domingo de éxitos no deporte feminino galego en fútbol sala, balonmán e baloncesto
Domingo de éxitos no deporte feminino galego en fútbol sala, balonmán e baloncesto
G24.gal
30/04/2023 21:53
Última actualización 30/04/2023 22:52
O domingo 30 de abril debe ser recordado como un día de éxitos para o deporte feminino galego. O Burela Pescados Rubén logrou en Boadilla a súa sexta Copa da Raíña, quinta consecutiva, logo de vencer o Roldán (3-2). No baloncesto, o Celta recuperou a súa praza na división de honra logo de gañar unha vibrante final entre catro en Navia fronte ao Paterna.
E no balonmán o Mecalia Atlético Guardés está a un paso de facer historia no caso de que conquiste a European Cup. Este domingo achegou o éxito ao gañar 23-17. Son seis goles de renda que deberá defender a próxima semana en Turquía contra o Konyalti.