Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anos de prisión para cada un dos acusados de fabricar tabaco ilegal en Coles

Dous anos de prisión para cada un dos acusados de fabricar tabaco ilegal en Coles

A fiscalía e as defensas chegaron a un acordo e non se celebrou o xuízo previsto na Audiencia Provincial de Ourense

A pena queda suspendida se non delinquen en tres anos

G24.gal 07/06/2022 13:14

Dous anos de prisión e unha multa de doce millóns de euros é a pena establecida para cada un dos acusados de fabricar tabaco ilegal en Coles. Foi o acordo ao que chegaron os avogados da defensa coa fiscalía. Acordo que fixo que xa non tivese que celebrarse o xuízo que estaba previsto para esta mañá na Audiencia Provincial de Ourense.

Os cinco acusados que permanecían en prisión provisional chegaban esta mañá esposados á Audiencia Provincial de Ourense para seren xulgados por fabricar tabaco ilegal en Coles. Pero o xuízo finalmente non se celebrou. A fiscalía chegou a un acordo coa súa avogada e co avogado doutros dous acusados que permanecían en liberdade, Manuel Ferreiro.

"Estaban acusados de varios delitos pertenza a banda criminal, contrabando de tabaco e delicto fiscal ao final quedouse todo nun delito de contrabando de tabaco cometido de xeito organizado e impuxéronselles a pena de dous anos de prisión e doce millóns de multa a cada un deles, eses millóns se non os pagan substitúense por outro ano de prisión"

Non cumprirán a pena se non delinquen en tres anos, os que aínda estaban sairán mañá do cárcere porque levaban en prisión dende agosto de 2020. Foi daquela cando a Garda Civil desartellou a banda nunha operación que denominou "o maior golpe ao contrabando de tabaco en España".

Nunha nave de Cambeo, no concello de Coles, fabricaban tabaco en segredo e fóra da legalidade. Tiñan outra nave en Ponteareas. Para iso, segundo o escrito da fiscalía, o líder, en busca e captura ao igual que outros tres detidos, traían traballadores non regularizados do estranxeiro.

Incautáronse de máis de 150 toneladas de tabaco e 600.000 cigarros feitos. Empregaban filtros, paquetes e caixas idénticos aos de Marlboro. Ademais da multa, terán que indemnizar a industria tabaqueira con outros doce millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade