Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anos despois do crime de Cortegada, seguen aparecendo restos

Dous anos despois do crime de Cortegada, seguen aparecendo restos

A presunta autora, que confesou os feitos, está en prisión

Non descartan que haxa outra persoa implicada

G24.gal 16/09/2023 21:28

Cando xa se cumpriron dous anos do asasinato e despezamento dun home no concello ourensán de Cortegada, seguen aparecendo restos.

Segundo confesou a presunta autora, os feitos aconteceron en agosto de 2021, cando a vítima, un catalán de 53 anos, viaxou ata a localidade do Rabiño, en Cortegada, para atoparse con ela, tras coñecérense por Internet.

A muller está en prisión desde que confesou o crime pero, á vista da aparición de novos indicios na contorna da vivenda, non se descarta que puidera haber outra persoa implicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade