Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous condutores que superaban a taxa de alcolemia provocan accidentes en Lugo

Dous condutores que superaban a taxa de alcolemia provocan accidentes en Lugo

En ningún dos dous sinistros houbo que lamentar feridos

Coche accidentado en Castelo de Arriba Coche accidentado en Castelo de Arriba
G24.gal 27/05/2024 13:52

No Concello de Lugo rexistráronse dous accidentes de tráfico esta fin de semana, nos que non houbo que lamentar feridos pero nos que, en ambos os casos, os condutores deron positivo en alcol.

Un deles, en Castelo de Arriba. Un turismo saíu da calzada e envorcou. Os axentes observaron que o condutor amosaba signos de embriaguez, polo que o someteron a unha proba, que deu coma resultado 0,40 miligramos por litro de aire expirado.

O outro accidente foi na rúa San Roque. O condutor cuadriplicaba a taxa de alcoholemia permitida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade