Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos en Burela por secuestrar supostamente un menor

Dous detidos en Burela por secuestrar supostamente un menor

O adolescente, de 16 anos, atópase "ben" tras a súa liberación

As dúas persoas detidas permanecen nos calabozos do cuartel da Garda Civil de Burela, á espera de pasar a disposición xudicial

G24.gal 23/10/2023 21:41 Última actualización 24/10/2023 14:04

Un home e unha muller, veciños de Burela, foron detidos polo secuestro dun menor, de 16 anos. Tras acudiren ao domicilio da vítima na procura da parella da súa nai, ao non estar presente, levaron o rapaz.

Daquela a proxenitora alertou a Garda Civil, que despregou un amplo dispositivo arredor do edificio, na rúa Rosalía de Castro, onde se encontraban os presuntos captores, no centro da vila.

Ao vérense acurralados polos axentes, os supostos autores do secuestro decidiron liberar o menor, e finalmente foron detidos. Detrás do acontecido semella haber un axuste de contas por tráfico de drogas.

O adolescente atópase "ben" tras a súa liberación, segundo confirma a alcaldesa do municipio, Carmela López.

Os detidos permanecen nas dependencias do cuartel de Burela, á espera de pasar a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro. A operación segue aberta, polo que non se descarta que se produzan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade