Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de transportistas protestan en Vilalba pola situación do sector

Centos de transportistas protestan en Vilalba pola situación do sector

Dous detidos en Galicia por protagonizaren actos violentos

Uníanse a eles ducias de tractores como mostra de apoio dos agricultores e gandeiros da zona

Denuncian que non poden facer fronte á suba dos combustibles e dos custos de produción e pídenlle ao Goberno que se sente a negociar

G24.gal 19/03/2022 20:56

Máis dun cento de camións comezaban a protesta no polígono industrial de Vilalba. Pouco despois dirixíanse cara ao centro da vila e percorrían as rúas e a contorna do concello. Uníanse a eles ducias de tractores como mostra de apoio dos agricultores e gandeiros da zona. 

Denuncian que non poden facer fronte á suba dos combustibles e dos custos de produción e pídenlle ao Goberno que se sente a negociar.    

Neste sexto día de mobilizacións, o sector volve denunciar unha situación que cualifican de "gravísima" e "insostible" e que, aseguran, pon en risco a súa supervivencia.

A marcha dos transportistas desenvolvíase este sábado sen incidentes. A Garda Civil detivo o venres un home de 28 anos, veciño de Vilalba, acusado de coaccións e de provocar danos a un vehículo. Por outra parte, outro home era detido esta mañá tras ser sorprendido mentres picaba as rodas de dúas furgonetas na zona de Puxeiros, en Mos, Pontevedra.

A Garda Civil e a Policía continuaban ademais este sábado, xa desde a madrugada, a escoltar transportistas que se dirixían a distintos puntos loxísticos para intentar garantir o abastecemento de produtos esenciais na nosa comunidade. Estas son imaxes difundidas pola Delegación do Goberno en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade