Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos en Ourense ao se lles incautaren de cinco quilos de haxix no seu domicilio

Dous detidos en Ourense ao se lles incautaren de cinco quilos de haxix no seu domicilio

O xuíz decretou prisión preventiva para un dos arrestados e liberdade para o outro

G24.gal 15/02/2024 19:10

Dúas persoas foron detidas en Ourense no curso dunha actuación policial en que se incautaron de máis de cinco quilos de haxix no domicilio en que residían xunto aos seus dous fillos menores de idade.

Tal como informou a Policía Nacional, foi ante a presenza dos axentes cando os detidos se acusaron mutuamente de traficar con estupefacientes, e un deles mostrou certa cantidade de droga e de diñeiro en efectivo, presuntamente procedente da venda destas substancias.

Tras conseguir a orde de rexistro domiciliario e enviar os nenos xunta o avó paterno (xa que estaban a presenciar os feitos), na vivenda acháronse cinco quilos e medio de haxix, ordenados para a súa posterior venda, diñeiro en metálico e utensilios para o manexo da droga.

Unha vez finalizadas as dilixencias, ambos os arrestados foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense, en funcións de garda, que decretou o ingreso en prisión dun deles. O outro quedou en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade