Dous detidos nunha operación contra o tráfico de haxix en Pontevedra

Os axentes rexistraron unha vivenda na cidade e outra na parroquia de Campañó

Non se descartan novas intervencións e detencións

G24.gal 31/10/2023 20:45 Última actualización 31/10/2023 20:53

Operación contra o tráfico de drogas en Pontevedra. Polo momento son dous os detidos. A investigación parte da UDYCO, a Unidade de Delincuencia e Crime Organizado.

Ademais dos arrestos, os axentes rexistraron dúas vivendas, unha localizada na cidade de Pontevedra, na zona histórica. A outra casa que foi rexistrada está na parroquia de Campañó, tamén en Pontevedra.  

A operación, que é contra o tráfico de haxix, segue aberta, polo que non se descartan novas intervencións e detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade