Dous enmascarados entrar a roubar nun bar da Laracha
Dous enmascarados entrar a roubar nun bar da Laracha
A propietaria viunos en directo polas cámaras de seguridade
En vinte anos entraron a roubarlle en máis de dez ocasións
Ás catro e vinte da madrugada, Amparo recibía unha chamada da central de alarmas para avisala de que lle estaban roubando no bar que ten na Laracha. Por unha aplicación que ten no móbil puido ver os asaltantes en plena acción.
Os ladróns foron directamente á caixa rexistradora, pero Amparo xa non adoita deixar cartos no interior; tomárona entón coa máquina comecartos. Tras moito esforzo, conseguiron rebentala e levar o diñeiro que había no interior. A propietaria calcula que, entre os danos materiais e o roubado, as perdas ascenden a uns 1.500 euros. A Garda Civil abriu unha investigación para intentar dar cos asaltantes.
A propietaria asegura que nos 20 anos que leva rexentando este bar roubárona en máis de dez ocasións. Estas imaxes corresponden a un roubo acontecido en setembro do 2020 no que os ladróns levaron 800 euros; máis recentemente, a finais do mes de xaneiro, a un cliente leváronlle unha bicicleta de 2.800 euros mentres entrou a preguntar se tiñan mesa para xantar.