Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous enxeñeiros de Oleiros deseñan un robot para axudar na compra e que fala galego

Dous enxeñeiros de Oleiros deseñan un robot para axudar na compra e que fala galego

Conta con recoñecemento facial e verbal, polo que pode interactuar coas persoas

Desprázase a uns cinco quilómetros por hora 

G24.gal 27/05/2024 13:59

"Compartir un anaco estupendo e amosarlles o incrible que pode ser a tecnoloxía, se chove que chova, nunca choveu que non escampara, éche o que hai, estades listos para comezar esta aventura comigo?".

Así se presenta Suso, o novo robot deseñado por dous enxeñeiros de Oleiros e que desde hai un mes é doado velo desprazarse polas beirarrúas da vila.

"Está pensado para cargar 30 quilos, pero pode chegar aos 70. Desprázase a uns 5 quilómetros por hora, a compra pode estar na túa casa en dez ou quince minutos" explica unha das súas creadoras, Marlyn Martínez.

É un asistente para axudar a facer a compra ou para facela el só. Conta con recoñecemento facial e verbal, o que lle permite interactuar coas persoas. 

"Ten detectores de movemento e conta con dezaseis cámaras, cando se aproxima a un obxecto ou persoa", engade Marlyn Martínez.

Fala perfectamente o galego, mesmo con retranca, pero tamen é capaz de expresarse en castelán e inglés.

"É como Alexa, este robot", di un dos veciños cos que se cruza Suso. Outro veciño ve este robot moi útil para o seu traballo,  "a min dábame a vida para axudarme a cargar os sacos de patacas".

Suso cárgase como un móbil. Ten unha autonomía de 16 horas. Os seus creadores están no proceso de patentalo. En breve terá máis compaña xa que traballan noutros dous prototipos, Carmiña e Paca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar