Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous feridos leves nun aparatoso accidente na N-541 en Boborás

Dous feridos leves nun aparatoso accidente na N-541 en Boborás

Un vehículo comercial e un turismo colidiron frontalmente

A furgoneta tiraba dun remolque que transportaba ventás que acabaron ciscadas e rotas pola vía

G24.gal 03/06/2024 13:49

Un aparatoso accidente aconteceu este luns na suba ao alto do Paraño, cando unha furgoneta e un turismo colidiron de fronte na nacional 541 á altura de Moreiras, no concello ourensán de Boborás.

Un particular chamou ao 112 alertando que o condutor da furgoneta necesitaba atención sanitaria urxente. Precisamente a furgoneta tiraba dun remolque que transportaba ventás que acabaron ciscadas e rotas pola estrada.

Foi precisa a intervención dos bombeiros e de Protección Civil. Os feridos foron trasladados en ambulancia ao CHUO e o seu estado non é grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade