Dous irmáns rescatan un golfiño vivo enredado nun aparello en Portonovo
Dous irmáns rescatan un golfiño vivo enredado nun aparello en Portonovo
Coa axuda dunha áncora e dun coitelo pequeno conseguiron liberalo
Unha parella de irmáns de Sanxenxo rescatou un arroaz duns dous metros na bocana do porto deportivo de Portonovo.
As redes sociais multiplicaron o salvamento ata converter os irmáns Iglesias nos heroes da semana.
Un deses irmáns é arquitecto, Enrique, e outro, co que acabamos de falar, Jorge, traballa na oficina de turismo do concello de Sanxenxo.
No seu día de descanso saíron a pescar no seu bote robalizas cando viron ao lonxe un arroaz enredado nun aparello de pesca.
Coa axuda dunha áncora e dun coitelo pequeno conseguiron liberalo. E temos imaxes do momento porque o estaba gravando boa parte da pasaxe do barco Piratas de Nabia que cubría a liña regular Portonovo Ons.
Como nun palco gravaron, aplaudiron e celebraron o salvamento do arroaz.