Dous panadeiros residentes en Galicia, finalistas ao Premio Nacional á Excelencia Panadeira
Dous panadeiros residentes en Galicia, finalistas ao Premio Nacional á Excelencia Panadeira
É un galardón da Baker School BCN Sabadell e o gremio de panadeiros de Barcelona
Van ser tres días extenuantes, 6, 7 e 8 de novembro, cunha proba teórica e dúas prácticas para crear e elaborar un bufete que mereza o Premio The Baker á excelencia panadeira.
Diego Marín, de Pandemonium en Vigo, e Álex Arrieche, da Bulanxerí de Santiago, son conscientes de que calquera detalle será decisivo na final.
De feito, a Álex seleccionárono pola súa precisión e atención ao detalle, o que segundo nos comenta, é o que o identifica, unir estética e sabor.
Diego, tinerfeño, e Álex, venezolano, coinciden á hora de enxalzar a súa profesión e o auxe que vive a panadería.
"Hai quince anos ninguén sabía o que era a masa madre e hoxe veñen darche clases", di Diego.
"Que agora se lle estea dando pulo é significativo para os que nos dedicamos a esta profesión pouco valorada", engade Álex.
Coa Miga de Ouro de Galicia 2022 ás costas, Diego ten claro o verdadeiramente importante da panadería e por que chegan a esta final.
"Traballo, amor, sacrificio e paixón. O difícil é facer un pan de calidade todos os días. Materia prima, bo proceso, cariño e mimo, Ao final, é arte pura o pan"
Álex é o máis novo na final, con formación de cociña, pastelería e panadería. Pero para el, o 60 % da súa creatividade está nas horas de traballo no obradoiro.
Diego confesa ser de pans básicos e Álex vai presentar no bufete unha trenza galega co seu selo.
Os dous están felices xa sexa cal sexa o resultado.