Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gardapescas do Grove fórmanse no manexo drons para loitar contra o furtivismo

Gardapescas do Grove fórmanse no manexo drons para loitar contra o furtivismo

O dispositivo leva cámara térmica para traballar de noite

Os oito gardapescas do Grove xa están formado e xa pasaron o exame preciso para manexalo

A época máis dura para o furtivismo nesta zona é o verán pola gran presenza de turistas

G24.gal 13/10/2022 13:57

Os oito gardapescas do Grove xa están formado no manexo deste dron e xa pasaron o exame preciso para manexalo. Só agardan polos permisos para lanzalo a voar e controlar as zonas máis difíciles da extensa costa que vixían. O dispositivo permite facelo tamén pola noite.

Os infractores arríscanse a multas que van desde os 35 euros por non levar a documentación ata os 36.000 da sanción máis elevada.

Unha empresa galega foi a que formou os gardapescas, é a mesma que ten formado a persoal das forzas da orde. Consideran que os drons ofrecen aínda máis posibilidades en todos os eidos. Logran reducir tempo, risco e custos.

A época máis dura para o furtivismo nesta zona é o verán pola gran  presenza de turistas e a gran demanda de marisco que hai nesas datas. Na confraría do Grove tamén lles gustaría contar cun dron submarino que lles permitise controlar os furtivos que fan mergullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade