Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas feridas en Monforte, en senllos atropelos, nun mesmo día

Dúas persoas feridas en Monforte, en senllos atropelos, nun mesmo día

 As vítimas, un peón e a condutora dun patinete, tiveron que ser hospitalizadas

Félix Aragunde 03/10/2023 13:52

Un septuaxenario quedou ferido ao ser atropelado en Monforte. Sucedeu na rúa Chantada, cando a vítima estaba a cruzar un paso de peóns. Un coche, conducido por outro home de idade avanzada, golpeou o viandante, que tivo que ser hospitalizado.

Pío Arza, hostaleiro"Chamáronme dentro do bar polo atropelo e fora xa vin que estaba tirado, con moita xente arredor. Os coches pitaban porque crían que era un atasco calquera, pero era un accidente grave".

O accidente rexistrouse moi preto do lugar onde hai catro anos houbera outro atropelo grave. Daquela a vítima, unha muller maior, acabou morrendo no hospital debido ás feridas que sufrira.

Pío Arza, hostaleiro: "A verdade é que aquí pasan a bastante velocidade e este paso de peóns non o respectan nada. Xa houbo varios sustos. De feito, un pouco máis adiante colleran un señor maior, que puideron matar tamén".

Tamén este luns, unhas horas antes, produciuse outro atropelo na mesma vila de Monforte. Sucedeu cando unha rapaza saía nun patinete do aparcadoiro do parque dos Condes. Nestoutro caso, a vítima do atropelo tamén tivo que ser trasladada ao hospital comarcal de Monforte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade