Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dunbar gaña en Padrón e estrea o seu palmarés nunha grande, O'Connor segue líder

Dunbar gaña en Padrón e estrea o seu palmarés nunha grande, O'Connor segue líder

O australiano Ben O'Connor logrou manter a camisola vermella de líder no Campus Tecnolóxico de Cortizo, pero agora cunha diferenza inferior aos 3 minutos

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 28/08/2024 17:55 Última actualización 28/08/2024 18:01

O irlandés Eddie Dunbar (Jayco Alula) impúxose na undécima etapa da Volta disputada con saída e chegada no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Padrón, cun percorrido de 166,4 quilómetros, na que mantivo o xersei vermello de líder o australiano Ben O'Connor (Decathlon Ag2r).

Dunbar gañou ao esprinte dentro do grupo de corredores que protagonizaron a fuga do día, cun tempo de 3h.44.52, a unha media de 44,4 km/hora, seguido do belga Quinten Hermans (Alpecin) e do británico Max Poole (DSM).

O australiano Ben O'Connor, a pesar de perder 37 segundos respecto a rivais directos como Primoz Roglic e Enric Mais, logrou manter a camisola vermella de líder, pero agora cunha diferenza inferior aos 3 minutos.

Este xoves dispútase a duodécima etapa entre Ourense e Manzaneda, de 137,4 km

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar