Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ecoloxistas e veciños reivindican a entrada libre a Toralla e izan a bandeira de Vigo

Ecoloxistas e veciños reivindican a entrada libre a Toralla e izan a bandeira de Vigo

Os manifestantes critican que se incumpre a lei de protección e uso sostible do litoral

Ecoloxistas en Acción denuncia que Toralla, cunha superficie dunhas 10 hectáreas, foi obxecto de especulación urbanística desde a década dos 60 por intereses empresariais privados

Asociacións veciñais e ecoloxistas reivindican a entrada libre a Toralla Asociacións veciñais e ecoloxistas reivindican a entrada libre a Toralla
G24.gal 13/07/2024 17:42

Asociacións veciñais e ecoloxistas concentráronse este sábado no acceso a Toralla para reclamar a entrada libre á illa e a senda peonil litoral aprobada en 2008.

Activistas izaron a bandeira de Vigo para simbolizar o comezo da reconquista do illote.

Na mobilización participaron decenas de persoas convocadas polas entidades veciñais de Coruxo e San Miguel de Oia, a plataforma pola Defensa da Ría Vigo-Cíes, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Amigas da Terra e á que se sumaron formacións políticas como el BNG e Sumar.

No percorrido despregaron unha pancarta de 20 metros de longo na balaustrada da ponte que une a praia con Toralla e o lema de unirse á reconquista da illa.

Ecoloxistas en Acción denuncia que Toralla, cunha superficie de algo máis de 10 hectáreas, "foi obxecto dunha absoluta especulación urbanística desde a década de 1960, en base a intereses empresariais privados".

Nese tempo, lembra a organización comezou a urbanización da illa, fíxose a ponte e instalouse un valado e un vixilante que só permitía o paso a propietarios e persoas autorizadas.

A asociación critica que se incumpre a lei de protección e uso sostible do litoral xa que Toralla permanece restrinxida ao paso público e unha barreira e un vixilante ao remate da ponte impiden o acceso de turismos e de persoas.

Ademais sosteñen que non se puido facer a senda peonil de tres metros de ancho ao redor da illa que en 2008 aprobou  o Ministerio de Medio Ambiente.

"Pedímoslle ao Goberno da cidade que emprenda accións legais para recuperar Toralla e tamén lle solicitamos á Xunta de Galicia que nos aclare se a nova lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia vai ser útil para isto ou só para construír hoteis privados na costa e eternizar certas ocupacións do dominio público marítimo-terrestre", indican desde as organizacións convocantes.

 

A mobilización reclama a reconquista para uso público de Toralla A mobilización reclama a reconquista para uso público de Toralla
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade