Publicador de contidos
Publicador de contidos

Efectivos de emerxencias de Galicia traballan nas zonas máis afectadas pola DINA en Valencia

Efectivos de emerxencias de Galicia traballan nas zonas máis afectadas pola DINA en Valencia

Efectivos chegados de Galicia traballan, especialmente, nas tarefas de achique de garaxes e sotos

Policía Local do Porriño axuda a limpar a auga das zonas máis afectadas pola DINA

Membros de Protección Civil de Val do Dubra, Carballo, Muxía, Mazaricos ou Boiro levaron máis dunha ducia de motobombas a Valencia

G24.gal 05/11/2024 13:18

No máis urxente agora mesmo, nos garaxes e sotos inundados,  é onde están traballando, con especial dedicación, entre outros moitos efectivos, os membros de Protección Civil, persoal de apoio e Policía Local galegos que están en Valencia. Axentes da policía local do Porriño acceden a un garaxe.

Primeiro, deben calcular a magnitude da auga que hai no interior. Na zona máis baixa, no piso menos dous, atopan un membro da Armada. Unha vez inspeccionado o lugar e, comprobado que non hai xente no interior dos coches, procederán a instalar as bombas de achique para baleirar o espazo.

A tarefa non será, nin fácil nin curta. Hai moito traballo por facer. Tamén traballarán nas tarefas de limpeza de rúas convertidas en barro. Así era o paso dos efectivos de protección Civil do Val do Dubra pola zona. Tamén eles traballan achicando auga dos garaxes.

Hai moito traballo por facer. Máis dunha ducia de motobombas trasladaron, nas últimas horas ata Valencia, máis dunha vintena de efectivos de Carballo, Boiro, Mazaricos, Val do Dubra, Muxía. Os reforzos chegan a Valencia de moitos puntos de España. De Galicia, entre outros, van axudar uns douscentos policías Nacionais, que estarán man a man cos case medio cento de gardas civís que tamén colaboran a recompoñer as vidas nas zonas afectadas pola DINA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade