Emi Rodríguez, talento mexicano para o ataque do Celta Fortuna
Emi Rodríguez, talento mexicano para o ataque do Celta Fortuna
Trátase dunha cesión sen custo con opción de compra do extremo mexicano
Na súa primeira tempada no club azteca, o dianteiro disputou un total de 42 partidos, entre todas as competicións, sumando 4 goles
O Celta e o Pachuca chegan a un acordo para a cesión sen custo con opción de compra do extremo mexicano, Emilio Rodríguez. A falta das pertinentes probas médicas, o xogador de 21 anos chegará á Cidade Olívica para reforzar o ataque da Celta Fortuna.
Na súa primeira tempada no club azteca, o dianteiro disputou un total de 42 partidos, entre todas as competicións, sumando 4 goles e outras tantas asistencias. Unha brillante campaña na que se proclamou campión da Champions da Concacaf e foi designado como xogador revelación da competición.
🥲 | Desde el lugar donde iniciaron y trabajaste por tus sueños...
— Club Pachuca (@Tuzos) July 10, 2024
¡Todos los que fuimos parte de tu crecimiento te deseamos ÉXITO en @RCCelta! 🧳🇪🇸#PachucaSomosTodos🤍💙 pic.twitter.com/9NNT9Hqln3