Publicador de contidos
Publicador de contidos

O boxeador Emmanuel Reyes asegura a primeira medalla galega nos Xogos

O boxeador Emmanuel Reyes asegura a primeira medalla galega nos Xogos

O púxil español, que se adestrou os últimos anos na Coruña, vence ao belga Victor Schestraete e clasifícase para semifinais 

Había 24 anos que a delegación española non gañaba unha medalla en boxeo

Fonte: EFE Fonte: EFE
G24.gal 01/08/2024 14:16

Logo de terse que conformar co diploma olímpico en Tokyo, Emmanuel Reyes Pla chegaba a París con gañas de resarcirse. O boxeador español avanza agora a semifinais, coa medalla de bronce xa no peto.

Reyes Pla dominou o combate desde o comezo. Gañou o primeiro asalto por decisión unánime dos xuíces, onde superou por completo ao seu rival o belga Victor Schestraete. O seu rival cambiou de estratexia e xa na segunda rolda igualou a pelexa. O afincado en Coruña defendeuse ante a ofensiva e conseguiu que tres dos cinco xuíces lle concederan a vitoria.

Xa para o terceiro asalto, o español asegurou coa súa defensa estar na loita polas medallas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade