Publicador de contidos
Publicador de contidos

Emoción e devoción coas figuras articuladas da procesión do Encontro en Viveiro

Emoción e devoción coas figuras articuladas da procesión do Encontro en Viveiro

A Semana Santa viveirense, de Interese Turístico Internacional, conta tamén co Desencravo de Cristo e as procesións do Santo Enterro, da Pasión e dos Caladiños neste Venres Santo

O Encontro, coas súas figuras articuladas, abriu o Venres Santo de Viveiro
G24.gal 29/03/2024 13:54

A chuvia deu tregua neste Venres Santo e Viveiro acolleu un ano máis unha das procesións senlleiras da Semana Santa galega. O Santo Encontro demostrou de novo o seu poder de convocatoria recreando o camiño de Cristo cara ao Calvario coas figuras articuladas de Xesús, a Virxe, a Verónica e San Xoán.

Uns momentos moi emotivos nunha procesión da que presumen, e moito, os viveirenses. Viveiro recibe turistas de todas as procedencias atraídos pola súa sona. Todos subliñan a beleza desta Semana Santa, de Interese Turístico Internacional, que neste Venres Santo conta tamén co Desencravo de Cristo e as procesións do Santo Enterro, da Paixón e dos Caladiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade