Emprendeuna a machadazos cun carballo en pleno centro da Coruña
Emprendeuna a machadazos cun carballo en pleno centro da Coruña
A Policía Local investiga os feitos para dar co autor ou autores da falcatruada
Veciños e hostaleiros lamentan a perda da árbore
Na céntrica rúa Alameda, na Coruña, un alto carballo, daba sombra ás terrazas da zona. Pero hai cousa dun mes, aparecera cun corte no tronco. Os veciños deran conta ao Concello, pero niguén tomou cartas no asunto. E o sábado pasado, pola maña, sen que ninguén vise nin escoitase nada nas horas previas, descubriron os novos machadazos.
"Eran cortes limpos. A árbore quedou inclinada e tiña risco de derruba", comenta unha veciña.
Así que para evitar danos maiores, os bombeiros procederon axiña á retirada da árbore.
"Si, pero deixaron o tronco á altura deste muro", engade unha veciña.
E horas despois, misteriosamente, sobre ese tronco que quedaba apareceu unha nota que poñía: "Volverei, malnacido".
"Aínda por riba burlándose. Habería que agardalo e darlle unhas palmadiñas", di un veciño.
Nas últimas horas, os bombeiros regresaron á zona para cortar á árbore por completo. Veciños e hostaleiros lamentan a perda do carballo porque din que era a única vexetación que había na zona.
A Policía Local xa abriu unha investigación para poder dar co autor ou autores dos feitos.