Empresas e particulares prepáranse para aforrar no consumo de gas e electricidade
Empresas e particulares prepáranse para aforrar no consumo de gas e electricidade
Das medidas de aforro quedan excluídas as luces de Nadal
Ás portas de que chegue o frío, os fogares prepáranse para aforrar no consumo de gas e electricidade.
Nas comunidades de veciños botan contas. Os gastos enerxéticos afogan os propietarios.
"Estamos falando coas empresas de mantemento para que este ano moderen a temperatura, rebaixen horas, cambios de pezas ou illamento das canalizacións. Medidas que non supoñen moitos cartos pero implican un aforro".
Din que o plan de medidas de aforro pode orientar moitos consumidores para reducir o consumo e, polo tanto, a factura. Entre elas está a novidade de posibilidade de saber canto pagan os veciños dunha determinada zona para poder cambiar de comercializadora.
"Esa información de que poidas comprobar o teu consumo polo código postal é positiva. Todo o que sexa información ao consumidor para poder tomar as decisións máis acaídas está ben".
"Tamén pode dar lugar a unha carreira de non se sabe moi ben o que. Ademais hai xente que non sabe manexarse ben e que ao final pode acabar peor".
Quedan fóra das medidas de aforro as luces do Nadal. O obxectivo é reducir o consumo sen prexudicar a economía.