Publicador de contidos
Publicador de contidos

En estado moi grave unha muller tras ser agredida pola súa parella en Barcelona

En estado moi grave unha muller tras ser agredida pola súa parella en Barcelona

A Garda Urbana detivo o agresor na rúa, e os Mossos investigan o caso como violencia machista

Unha menor de 11 anos quedou a cargo dos servizos de atención á infancia e aadolescencia da Generalitat

O portal do edificio da Ronda San Pere de Barcelona onde se rexistrou a agresión contra unha muller O portal do edificio da Ronda San Pere de Barcelona onde se rexistrou a agresión contra unha muller
G24.gal 25/08/2024 13:41

Unha muller está en estado moi grave nun hospital de Barcelona tras ser agredida esta madrugada no domicilio familiar pola súa parella, que xa foi detido.

A Dirección Xeral d'Atenció á Infancia e a Adolescencia (DGAIA) da Generalitat fíxose cargo dunha menor de 11 anos. Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación por estes feitos, que se investigan como un caso de violencia machista.

Un veciño do inmoble no que reside a parella, situado no número 51 da Rolda Sant Pere de Barcelona, avisou ao teléfono de emerxencias 112 sobre a unha e media da madrugada deste domingo de que se estaba producindo un incidente na vivenda.

Cando os Mossos chegaron ao domicilio, atoparon a muller, de 49 anos de idade, ferida moi grave cun golpe na cabeza, polo que foi trasladada polo Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) ata un hospital onde permanece ingresada.

A Garda Urbana de Barcelona recibía tamén de madrugada unha chamada dunha persoa informando de que vira a un home con manchas de sangue na rúa Bailén, alterado e "tratando de estrangularse cunha peza de roupa". Os axentes chegaron á zona e conseguiron interceptalo. Despois as comprobacións pertinentes, conxuntamente cos Mossos d'Esquadra,  procedeuse á súa detención como o responsable da grave agresión á súa parella.

Nun primeiro momento, o Centre d'Urgències i Emergències Socials de Barcelona (CUESB) atendeu a unha menor de 11 anos, que despois pasou a cargo da DGAIA, segundo fontes municipais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade