Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian inseguridade no barrio ferrolán do Inferniño

Denuncian inseguridade no barrio ferrolán do Inferniño

Esixen medidas urxentes para recuperar a súa tranquilidade

G24.gal 29/06/2023 14:56

Familias con nenos pequenos xa non acoden á praza do barrio ferrolán do Inferniño por medo. "Xúntanse aí varios mozos que pensan que este espazo é seu", comentan os veciños.

Explican que a partir das cinco da tarde a zona transfórmase. Os mozos chegan cos seus altofalantes coa música moi alta e dedícanse ao tráfico de drogas.

"Ao mellor están aí ata as dúas da mañá facendo ruído"; "Son cativos que se ve que os están vixiando mozos maiores, que son os que lles dan as instrucións", comentan desde a asociación veciñal.

Todo isto créalles inseguridade. Piden medidas urxentes, entre elas máis vixilancia policial, para poder recuperar a tranquilidade e a seguridade que había no Inferniño tempo atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade