Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia faltan cada día ao traballo 14.500 persoas sen causa xustificada

En Galicia faltan cada día ao traballo 14.500 persoas sen causa xustificada

O absentismo laboral está 6,5 % por riba da media do estado, segundo os empresarios

G24.gal 03/04/2023 10:35

O Goberno modificou o xeito de xestionar as baixas. Xa están en vigor desde o pasado sábado, 1 de abril. Así que a partir deste momento, a persoa que estea de baixa non terá que entregarlle unha copia á empresa. Farase de xeito telemático. Un cambio que tamén afecta as empresas.

"É unha mellora para o traballador e para as empresas. O sistema terase que simplificar e axilizar no seu proceso. Cos datos na man vemos que o absentismo segue disparado e hai que arbitrar medidas para reducir estas cifras, e reducir os procesos de baixa, sobre todo entre os días 4 e 15 porque é un gran custo para as empresas, pero tamén para as mutuas de seguros e a Seguridade Social" afirma Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Os empresarios están preocupados polas baixas, que din, afecta a competitividade e a produtividade. Din que desde a pandemia o absentismo foi a máis.

"Os datos son claros. 72.000 persoas faltan cada día ao seu traballo en Galicia, 58.000 con baixas laborais e outros 14.500 sen causa xustificada. As incapacidades temporais por continxencia común está moi incrementada. Dende o 2021 medrou un 37,7 %. As empresas somos todos e os activo máis importante que ten unha empresa son os seus traballadores", asegura Vieites.

Desde a  Confederación de Empresarios de Galicia apóstase por buscar solucións a través do diálogo cos sindicatos e intentando que as administracións artellen unha regulación que teña en conta os intereses das empresas e axilice todos os tempos, como pode ser a redución das esperas para os diagnóticos ou a rehabilitación.

"Na mesa do diálogo social hai que intentar buscar solucións. As empresas están a sufrir na súa produtividade e competitivade. Temos que intentar reverter os datos, para reducir custos. Se non somos competitivos se non se reduce a xestión é moi complicada. Hai que facer diagnósticos, intervención rehabilitación dos traballadores", dixo o presidenta da CEG.

 

Os empresarios din estar a prol da dixitalización de toda a tramitación se con iso se consegue un procedemento máis áxil, que axuda a hora de xestionar as empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade