Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia rexistráronse 128 doadores, que posibilitaron 296 transplantes de órganos o ano pasado

En Galicia rexistráronse 128 doadores, que posibilitaron 296 transplantes de órganos o ano pasado

En Galicia hai 47 doadores por cada millón de habitantes, por riba da media española

Mais unhas 250 persoas seguen agardando por un transplante

G24.gal 07/06/2023 21:49

Desde hai cinco anos Fina Gregori celebra dúas datas de aniversario. Unha delas coincide co transplante de ril que recibiu dunha persoa doadora.

"Doulle as grazas á familia que me deu o órgano con todo o meu corazón porque grazas a este señor ou señora eu podo estar falando contigo". 

En Galicia hai 47 doantes por cada millón de habitantes. Está por riba da media española. Mais unhas 250 persoas seguen agardando por un transplante.

"A morte moitas veces é como moi inxusta, pero cando consegues reverter esa situación e sabes que un familiar teu foi capaz de dar vida a sete persoas, sería algo así como si houbera un gran accidente e alguén fora un superheroe que salvara oito vidas", expón Rocío Sampedro, vogal da Asociación de loita contra as enfermedades de ril (Alcer) da Coruña. 

O transplante de órganos e o único tratamento sanitario que depende da solidariedade. E todos podemos precisalo.

"Eu non sabía que tiña só un ril e tiveron que poñerme un bypass e o outro ril danouse. Todos podemos sufrir calquera cousa e a doazón de órganos por iso é tan importante", engade Fina Gregori.

Neste Día do Doante de órganos, as asociacións de pacientes agradecen as persoas doadoras, familias e persoal sanitario facer realidade un xesto solidario, altruísta e de balde que permite salvar vidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade