En liberdade a terceira muller detida por presunta explotación sexual dunha menor
En liberdade a terceira muller detida por presunta explotación sexual dunha menor
A tía da rapaza e a outra das detidas ingresaron en prisión provisional comunicada e sen fianza
Están acusados dos delitos de comercio de seres humanos, detención ilegal e contra a saúde pública
Liberan unha menor obrigada a exercer a prostitución nun piso de Lugo
Novidades no caso da operación policial contra a explotación sexual de mulleres en Lugo. Queda en liberdade a terceira muller detida por presuntamente reter e obrigar a prostituírse a unha rapaza brasileira menor de idade.
A policía liberou a menor e detivo tres mulleres, entre elas unha tía da vítima. A tía e a outra das detidas ingresaron en prisión provisional comunicada e sen fianza polos delitos de comercio de seres humanos, detención ilegal e contra a saúde pública. A terceira detida, que pasou nas últimas horas a disposición xudicial, quedou en liberdade.
Foi un mozo amigo da vítima o que deu a voz de alarma e tras a intervención da policía a moza, que acaba de facer os 18 anos, manifestou que veu a España enganada baixo a promesa de ter traballo e que despois a obrigaron a prostituírse nun piso de Lugo onde a tiñan retida.