En liberdade con cargos o detido en Sober na operación contra un grupo neonazi
En liberdade con cargos o detido en Sober na operación contra un grupo neonazi
A operación rematou co arresto doutras quince persoas en diferentes puntos de España
Combat 18 é unha organización criminal vinculada ao nacionalsocialismo e ao supremacismo branco
O home arrestado o martes nunha aldea do municipio de Sober pola súa suposta vinculación coa organización Combat 18 foi posto en liberdade este xoves coa obrigación de realizar comparecencias quincenais, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O home de mediana idade acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a autoridade xudicial e as dilixencias remítense agora ao xulgado que instrúe a causa, en Manresa.
A organización tiña como prioridade "ataques a mesquitas, xudeus e locais de contornas ideolóxicas que sexan interpretados como antagónicas, fundamentalmente de esquerda antifascista", explica o subxefe da Comisaría de Información de Mossos d'Esquadra David Sánchez.
Sánchez sinalou que estas eran as súas prioridades, aínda que a organización non tiña "un plan concreto contra un obxectivo concreto" e estaba a buscar medios para chegar a atacar.
O martes a policía catalá e a Policía Nacional arrestaron os 16 sospeitosos en Cataluña, Madrid, Sober (Lugo), Toledo e Málaga, que quedaron en liberdade provisoria tras pasar á disposición xudicial.