En Mougás combaten unha praga de moscas a golpe de soprete

Chegaron a matar nunha hora 260 destes insectos aos que os insecticidas non mata, senón que os adormece

G24.gal 30/10/2023 13:59

Dende hai unha semana unha famlia de Mougás, en Oia, vive rodeada de centos de moscas e a situación para eles comeza a ser insoportable. Explican que estes insectos están por todas partes nas saídas de gases, no garaxe, no invernadoiro e que non poden abrir as portas e as ventás.

No poden comer nin durmir con normalidade. A praga afecta o desenvolvemento da súa vida cotiá. Probaron diferentes métodos para eliminalas. O máis eficaz, combatelas cun soprete porque os insecticidas non son eficaces. Adorméceas pero non as mata.

O propietario da vivenda afectada di que conseguiu matar 260 moscas nunha hora. A Luís non lle falta bo humor, pero confesa que a situación é xa desesperante para eles. 

Confían en que a praga remate coa baixada de temperaturas e a chuvia. Porén, polo de agora parece que a estes insectos non lles importa adaptarse e seguen na súa casa.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade