Publicador de contidos
Publicador de contidos

As adegas botan man da tecnoloxía para optimizar a produción e a calidade do viño

As adegas botan man da tecnoloxía para optimizar a produción e a calidade do viño

Drons e robots apoian o labor dos vendimadores

A adega do Rosal participa nun proxecto europeo de intelixencia artificial e robótica 

G24.gal 19/09/2023 14:54

Por aire e por terra, a última tecnoloxía desprégase nos viñedos en pleno arranque da vendima. Os drons facilitan a inspección remota das cepas e crean mapas de risco de enfermidades. 

A outra gran baza tecnolóxica actúa por terra: os robots que, en base á información facilitada polos drons, encaárganse de aplicar os tratamentos.

A súa función non acaba aí, porque os robots tamén axudan os vendimiadores a cargare trasladar as caixas de uva. 

Chámana agricultura de precisión, e nesta adega xa comprobaron as súas vantaxes. 

A adega do Rosal xa se atopa na fase final do proxecto impulsado por dezaseis empresas europeas e oito grupos científicos para facer máis rendibles as tarefas do campo mediante a robótica e a intelixencia artificial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade