En xullo xa se pode utilizar o vale Xacobeo Xove, con descontos de 200 euros no Camiño
En xullo xa se pode utilizar o vale Xacobeo Xove, con descontos de 200 euros no Camiño
A poboación galega de 18 a 30 anos con Carné Xove terá un vale de bonificación en establecementos turísticos das rutas xacobeas de peregrinación a Compostela
O Xacobeo Xove empeza para a semana e remata o 10 de decembro. A mocidade non é allea ao Xacobeo, pero a Xunta quere que fagan o camiño máis rapaces aínda, rapaces galegos con Carné Xove. Este ano 2023 está a marcar récords de turismo en Galicia e a xuventude do país ten que coñecer e sentirse parte dunha ruta que non é só para os de fóra.
"Cando empece a notarse -porque se vai notar-, xa moita xente nova (tres de cada dez, dicía Cesáreo), hai moita xente nova, menor de trinta anos que fai o Camiño, pero trátase de que veñan máis aínda, que o coñezan e que se sintan cómodos. Isto vai ser un estímulo fundamental, xa digo, 200 euros para xente que se queira animar a facer o Camiño pero pódensenos ocorrer moitísimas cousas máis. Isto o bo que ten é que ten un efecto multiplicador e todo o que se invista en turismo, en promoción de Galicia, devólvese multiplicado por moito. Xa estamos no 12 ou 13 % do produto interior bruto", asegura Alfonso Rueda, presidente da Xunta.
O presidente Rueda di que Galicia leva rexistrados máis de millón e medio de viaxeiros no que levamos de ano, un 15 % máis ca en 2022, que pasaron dous millóns setecentas mil noites en aloxamentos da comunidade.