Endesa deixa de operar a central das Pontes, á espera da autorización de peche
Endesa deixa de operar a central das Pontes, á espera da autorización de peche
A decisión final é do Goberno ante a recomendación da UE de manter operativas as centrais de carbón
As chemineas da central queiman as últimas reservas de carbón almacenadas. Endesa deixa inoperativa a central térmica das Pontes, que veu producindo electricidade durante o inverno ante a complicada situación do mercado.
A decisión do peche está nas mans do Goberno, que aínda non autorizou o proceso. A Unión Europea recoméndalles aos estados manter operativas as centrais de carbón polo menos durante este inverno ante a previsión dun posible desabastecemento. Desde do comité de empresa, aseguran que a planta das Pontes está adaptada ás esixencias comunitarias.
Toda esta situación, di a Xunta de Galicia, é froito do fracaso do proceso de transición enerxética. O Vicepresidente, Francisco Conde asegura que o Goberno está repercutindo nas familias e nas pequenas empresas as consecuencias das súas decisións en materia enerxética.
Endesa di que a contribución da central das Pontes ao mercado enerxético é moi limitada e que tería que facer novos investimentos de non autorizarse o peche.