Cargando resultados...
Endurécese a loita contra os morosos nas comunidades de veciños
Endurécese a loita contra os morosos nas comunidades de veciños
O Colexio de Administradores de Fincas de Galicia elaborou unha guía para reclamar as débedas aos propietarios
G24.gal
03/07/2023 14:38
Refórzase a loita contra os morosos nas comunidades de veciños. Pódeselles privar de acceso a determinadas zonas comúns. Non sempre é sinxelo: hai que delimitar a quen afecta esa limitación e como se aplica.
Tamén se pode comunicar a través dos taboleiros a falta de pago, pero onde só sexa vista polo resto dos propietarios. Nas xuntas de veciños é obrigatorio comunicalo, porque quedan sen dereito a votar.
Ante todas as dúbidas nas comunidades, o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia elaborou unha guía para reclamar a débeda correctamente.