Enoturismo en tempo de vendima no pazo de Toubes, na comarca do Ribeiro
Enoturismo en tempo de vendima no pazo de Toubes, na comarca do Ribeiro
Os visitantes aprenden a recoller a uva e participan en catas
O percorrido finaliza cunha merenda de produtos galegos
Un percorrido polas viñas e unha demostración de como cortar os acios sen estragar as uvas. É a primeira clase práctica para un grupo de visitantes desexosos de coñecer a fondo o proceso da vendima no pazo de Toubes, en Cenlle, na comarca do Ribeiro.
"Eu nunca vendimara pero está ben, paréceme unha experiencia enriquecedora".
"Eu son estremeña e a vendima é totalmente diferente, son esportas de 50 quilos que pesan moito e por iso a muller ten complicado ir vendimar. Aquí é máis doado".
"Si, a vendima parece que nada, pero o que é agachar o lombo e coller as uvas e poñelas... E despois falta o que é facer o viño, pero a verdade é que moi ben".
"Se fose baixar o lombo todo o día pois igual non viñas con tantas ganas, pero se despois hai algo para comer".
O percorrido polas viñas inclúe unha cata para ir coñecendo as principais variedades autóctonas.
"E tamén lles mostramos como desas variedades saen tipos de viño distintos. O viño do Ribeiro é unha mestura de todas por iso despois facemos unha cata de costeira-treixadura, que ten todas estas variedades, e rematamos cunha merenda de produtos galegos no pazo de Toubes".
A vendima no Ribeiro comezou a finais de agosto pero a partir deste 9 de setembro abrirán a maioría das adegas.