Entra a unha protectora de Vigo para roubar un can por encargo e leva o que non é
Entra a unha protectora de Vigo para roubar un can por encargo e leva o que non é
Entregóullelo aos que pensaba eran os seus donos, os cales rexeitaron ao can ao comprobar que non era o seu
Axentes de Policía Nacional detiveron un home que forzou a entrada das instalacións da protectora municipal de animais de Vigo para roubar por encargo un can, pero que se confundiu e levou o que non era.
O animal que pretendía roubar fora requisado aos seus donos pola Policía Local porque non tiñan a documentación en regra.
Os donos do animal contáronllo ao agora detido e ensináronlle unha fotografía do can.
O home, durante a noite do 21 ao 22 do pasado mes de maio, achegouse ata as instalacións da protectora, na parroquia da Madroa, coouse no interior e abriu unha gaiola en que había un can parecido ao da foto e levouno.
Posteriormente, entregóullelo aos que pensaba eran os seus donos, os cales rexeitaron ao can ao comprobar que non era o seu.
O presunto ladrón, para non deixar abandonado ao animal, entregoullo a unha coñecida que non sabía que era roubado e fíxose cargo del.
Todo isto sóuboo a policía tras iniciar unha investigación a raíz de que os responsables da protectora puxeran unha denuncia ao comprobar, á súa chegada ao traballo, que todos os animais estaban fóra das gaiolas, que a porta de entrada ao recinto fora forzada e que había ferramentas e aveños tirados polo chan.
Ademais, comprobaron que faltaba unha american stafford de cor marrón e branco, de nome Sena.
Tras localizar o animal e identificar o autor do roubo, este foi detido, e a cadela, devolta á protectora.