Entran no cárcere os pais de Nadia Nerea por un delito de estafa
Entran no cárcere os pais de Nadia Nerea por un delito de estafa
400.000 euros de donativos para axudar a súa filla cunha enfermidade rara remataron nos seus petos
Ingresaron xa na prisión de Palma os pais de Nadia Nerea, acusados dun delito de estafa contiuada.
400.000 euros de donativos para axudar a súa filla cunha enfermidade rara remataron nos seus petos.
Foron condenados a cinco e tres anos e medio de cárcere xa no 2018, pero tras varios recursos e por non entregarse voluntariamente, a Garda Civil detívoos a ambos en Palma.
É a fin dunha longa historia que comezaba en 2010, cando os pais da pequena, Fernando Blanco e Margarita Grao, creaban unha fundación co fin de recadar fondos para curar a súa filla.
Anos despois descubríase que todo era unha montaxe e no 2018 a Audiencia de Lleida condenaba a 5 anos de prisión o pai e a tres anos e medio a nai por un delito de estafa continuada.
Cifrábase o enriquecemento ilícito en catrocentos dous mil euros que non foron empregados na curación de Nadia Nerea, senón en fins particulares.
Ademais, na sentenza quedaba claro que a enfermidade que sufría a pequena non supoñía un risco vital inminente para a súa vida, ao contrario do que sostiñan os pais en estudios de televisión.
A sentenza foi recorrida varias veces ata que o Tribunal Supremo confirmaba hai un ano a condena.
E o pasado mes de febreiro requiríase o ingreso voluntario en prisión do matrimonio, que non ocorreu, por iso se ditou unha orde, e onte a Garda Civil detiña en Palma, onde residían, a Fernando e a Margarita.
Nadia Nerea é agora maior de idade e reside coa súa tía.