Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entrega dos premios Catas de Galicia 2023 no pazo de Quián en Boqueixón

Entrega dos premios Catas de Galicia 2023 no pazo de Quián en Boqueixón

O evento distingue os mellores viños, augardentes e licores tradicionais da nosa terra

No acto participou o conselleiro do Medio Rural José González

G24.gal 26/06/2023 21:52

O conselleiro do Medio Rural clausurou este luns a gala das Catas de Galicia 2023 no Pazo de Quián en Boqueixón. Un evento moi agardado que distingue os mellores viños, augardentes e licores tradicionais da nosa terra.

José González salientou o papel do sector vitivinícola na contribución da Marca Galicia por todo o mundo axudando tamén a impulsar a economía no rural. Case 500 adegas e máis de dez mil viticultores traballan neste sector que xera 230 millóns de euros ao ano.

Lembrou tamén que a Xunta ten en marcha a estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas e axudas para a comercialización ou a promoción dos viños e licores galegos.

O conselleiro aproveitou a situación para darlle as grazas ao exconselleiro de Agricultura Fernando Garrido, que recibiu o premio de honra en representación de todas as persoas que hai máis de 35 anos apostaron polo potencial do sector vitivinícola galego e puxeron en marcha iniciativas para revitalizalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade