Entrega dos premios Exceleite que valoran o labor dos nosos gandeiros
Entrega dos premios Exceleite que valoran o labor dos nosos gandeiros
Somos a principal comunidade produtora de leite en España
Estamos entre as dez primeiras rexións lácteas de toda Europa
Os premios Exceleite 2021 citáronse na I Mostra de Calidade Alimentaria organizada polo Goberno galego no Pazo de Quián. Premian o bo facer dentro do labor que desenvolven os gandeiros na economía galega, e que deixa os gañadores así de satisfeitos.
O conselleiro do Medio Rural lembrou que xa somos a principal comunidade produtora de leite en España e atopámonos entre as dez primeiras rexións lácteas de toda Europa.
Durante o acto eloxiouse tamén a nosa competitividade no mercado e a sostibilidade na produción.
Futura lei de calidade alimentaria
Falouse da futura lei da calidade alimentaria da Xunta, que entrará no Parlamento no vindeiro ano 2022. Unha norma que apostará pola produción excelente de proximidade, sa e sostible que distingue a nosa comunidade no sector.