Cargando resultados...
Entréganse os premios Artesanía de Galicia 2023
Entréganse os premios Artesanía de Galicia 2023
O obradoiro Frouma Atlantic Wood e o oleiro Alberto Añón Corral foron os galardoados nesta edición
G24.gal
20/12/2023 17:54
Este mércores, o presidente Alfonso Rueda entregou en Santiago os premios Artesanía de Galicia 2023.
A principal distinción foi para o taller Frouma Atlantic Wood pola peza 'Noray', elaborada a partir de madeira de batea reciclada e redes de pesca, sen utilizar axentes químicos no proceso.
O premio Artesanía de Galicia ten unha dotación de 9.000 euros. O premio á traxectoria recolleuno a viúva do oleiro Agapito González, falecido este mes de decembro, días despois de coñecerse a decisión do xurado.
Nas novas xeracións, conseguiu unha bolsa de 4.000 euros o tamén oleiro Alberto Añón Corral.