Publicador de contidos
Publicador de contidos

Envían a xuízo o senador do PP Xosé Manuel Baltar por circular a 215 km por hora

Envían a xuízo o senador do PP Xosé Manuel Baltar por circular a 215 km por hora

G24.gal 11/07/2024 15:35 Última actualización 11/07/2024 15:43

A maxistrada da Sala Penal do Tribunal Supremo Ana Ferrer abriu xuízo oral ao senador do PP Xosé Manuel Baltar Blanco por un delito contra a seguridade viaria por conducir supostamene a 215 quilómetros por hora nun tramo limitado a 120 km/h na A-52 sentido Benavente, en Zamora.

O Ministerio Público acusa o senador do PP dun delito contra a seguridade viaria.

Do xuízo encargarase a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

O acusado ten agora dez días para formular o seu escrito de defensa.

Na súa declaración ante a maxistrada, o tamén expresidente da Deputación de Ourense rexeitou cometer un delito contra a seguridade viaria, posto que sostén que nunca pasou o 200 km/h, o mínimo para que sexa considerado delito

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade